FESTA DO CARTEIRO REAL
Convidamos tanto a nenos como a maiores a que veñan a participar nesta actividade na que aparte de xogos e agasallos para os que participen neles, contaremos coa presencia do Carteiro Real, ó que se lle poderan entregar as Cartas que se lle entegarán os Reis Magos coas peticións de agasallos.
Asemesmo, sortearánse agasallos entre todos aqueles, nenos e maiores, que veñan vestidos ó estilo navideño(pastores xudeos, etc.).
O desfile da Cabalgata na que se acompañará ó Carteiro, pércorrera a pé varias rúas de Carreira, rematando no Campo da Festa cunha merenda para todos os participantes.
Música, xogos, diversión asegurada, o Carteiro Real... e ó mellor, algunha sorpresa máis!!!!
VIAXE A BETANZOS
Finalmente, a outonal climatoloxia non foi óbice para que disfrutasen dunha agradable xornada na qu ecoñeceron os principais monumentos betanceiros: ir a praza do Campo, as igrexas de Santiago, Santa María de Azogue, e sobre todo a de San Francisco, na que se asombraron da magnitude do sartego de Fernán Pérez de Andrade "o Bo"; as casas góticas, a pintoresca rúa da Fonte da Unta, ou mesmo tomar un café no que foi a mansión de Juan García Naveira. Outro elemento que lles causou fonda sorpresa foi o lavadoiro de As Casas.
Logo dunha farturenta comida, a comitiva, acompañada da súa presidenta, Ana Gómez Hermo, pasearon polo parque do Pasatempo, impresionado pola labor realizada polos irmans García Naveira fai máis de 100 anos.Diversas historias e anécdotas relativas á vila brigantina fixeron máis amena unha xornada que todos consideraron de gran interés"
O MAGOSTO
As 17:00 da tarde do día 7 de novembro celebramos o Magosto
na casa de cultura de Carreira , acompañados da actuación do grupo de gaitas Rio de Anxo, subvencionado pola Rede Cultural da Diputacion da Coruña.
Organizan:
AAVV de CARREIRA
ANPA SAN ROQUE
Colaboran:
DIPUTACIÓN CORUÑA
CONCELLO DE RIBEIRA
ACTIVIDADES
CURSO DE GAITAS
CURSO DE PANDERETA
TALLER DE MEMORIA
ENCAIXE DE BOLILLOS
COSTURA DE VAINICAS
ARTE FLORAL
COCIÑA