VIAXE A BETANZOS



" A pesar das inclemencias meteorolóxicas que se presaxiaban para o pasado domingo, unha vintena de veciños da parroquia ribeirense de Carreira, visitaron a vila de Betanzos nunha excvursión de tipo cultural organizada pola Asociación de Veciños.

Finalmente, a outonal climatoloxia non foi óbice para que disfrutasen dunha agradable xornada na qu ecoñeceron os principais monumentos betanceiros: ir a praza do Campo, as igrexas de Santiago, Santa María de Azogue, e sobre todo a de San Francisco, na que se asombraron da magnitude do sartego de Fernán Pérez de Andrade "o Bo"; as casas góticas, a pintoresca rúa da Fonte da Unta, ou mesmo tomar un café no que foi a mansión de Juan García Naveira. Outro elemento que lles causou fonda sorpresa foi o lavadoiro de As Casas.

Logo dunha farturenta comida, a comitiva, acompañada da súa presidenta, Ana Gómez Hermo, pasearon polo parque do Pasatempo, impresionado pola labor realizada polos irmans García Naveira fai máis de 100 anos.Diversas historias e anécdotas relativas á vila brigantina fixeron máis amena unha xornada que todos consideraron de gran interés"