A Muiñada de Amendo vai a celebrarse este sábado, 6 de Xullo a partir das 10 da mañán.
Este ano auméntase o número de actividades que se van a desenrolar ó longo de toda a xornada do sábado, no muíños de Amendo.
Entre as novedades que presenta a programación deste ano, suliñamos as seguintes:
10:00 Desfile “Toma das Brañas”. As 10.00 partirá un desfile festeiro desde o Colexio da Capela, hasta as Brañas de Amendo. Cada un pode participar cos instrumentos que lle apeteza (gaitas, panderetas, tambores, acordeóns, trompetas…e mesmo asubíos, carracas, etc, etc.), e si non ten instrumento, acompaña ó desfile simplemente. A cuestión é facer festa desde o primeiro momento, chegando todos xuntos ós muiños.
12:00 Xogos tradicionales. Xa que este ano nos ceden o uso dunha leira anexa ós muiños, vanse facer xogos tradicionales, enseñando ós máis novos xogos e xoguetes como a billa, a butarda, o pión, os tiratacos…etc, etc.
13:30 Andaina Teatralizada: A Carapuchiña Vermella. O conto tradicional da Carapuchiña Vermella escenificada por actores da Asociación de Veciños, pensada básicamente para o disfrute dos máis pequenos da casa.
20:00 Batalla fariñeira. A festa rematará cunha batalla fariñeira, na que os participantes nesta loita festiva, disporán de 100 kg de fariña para enfariñar a amigos, enemigos e todo santo canto por diante se lle meta!!
Ademáis contaremos coas actividades habituales, como a andaina, a mostra de fotos, o xantar popular (todos aportan comida para unha mesa común na que se comparten as delicias gastronómicas dos e das magnífic@s cociñeiros desta terra!!),actuación musical dos Fendetestas, monólogo de índole humorístico sobre temáticas locales –Bartolo’s return (O retorno de Bartolo!)-, a tradicional merenda ; sesión discoteca ás 19 horas, así como as actuacións improvisadas de calquera músico que individual ou en grupo nos queiran agasallar co seu arte.
Esperámosvos a todos o vindeiro sábado nos Muiños de Amendo!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario