MUIÑADA DE AMENDO

A  Muiñada de Amendo  vai a celebrarse este sábado, 6 de Xullo a partir das 10 da mañán.
Este ano auméntase o número de actividades que se van a desenrolar ó longo de toda a xornada do sábado, no muíños de Amendo.
Entre as novedades que presenta a programación deste ano, suliñamos as seguintes:

10:00 Desfile “Toma das Brañas”. As 10.00 partirá un desfile festeiro desde o Colexio da Capela, hasta as Brañas de Amendo. Cada un pode participar cos instrumentos que lle apeteza (gaitas, panderetas, tambores, acordeóns, trompetas…e mesmo asubíos, carracas, etc, etc.), e si non ten instrumento, acompaña ó desfile simplemente. A cuestión é facer festa desde o primeiro momento, chegando todos xuntos ós muiños.

12:00 Xogos tradicionales. Xa que este ano nos ceden o uso dunha leira anexa ós muiños, vanse facer xogos tradicionales, enseñando ós máis novos xogos e xoguetes como a billa, a butarda, o pión, os tiratacos…etc, etc.

13:30 Andaina Teatralizada: A Carapuchiña Vermella. O conto tradicional da Carapuchiña Vermella escenificada por actores da Asociación de Veciños, pensada básicamente para o disfrute dos máis pequenos da casa.

20:00 Batalla fariñeira. A festa rematará cunha batalla fariñeira, na que os participantes nesta loita festiva, disporán de 100 kg de fariña para enfariñar a amigos, enemigos e todo santo canto por diante se lle meta!!

Ademáis contaremos coas actividades habituales, como a andaina, a mostra de fotoso xantar popular (todos aportan comida para unha mesa común na que se comparten as delicias gastronómicas dos e das magnífic@s cociñeiros desta terra!!),actuación musical dos Fendetestasmonólogo de índole humorístico sobre temáticas locales –Bartolo’s return (O retorno de Bartolo!)-, a tradicional merenda ; sesión discoteca ás 19 horas, así como as actuacións improvisadas de calquera músico que individual ou en grupo nos queiran agasallar co seu arte.

Esperámosvos a todos o vindeiro sábado nos Muiños de Amendo!!!!!!

ANDAINA: "OS POBOADOS DOS ANTERGOS"



“Este vindeiro domingo, 30 de Xuño, a Asociación de Veciños de Carreira organiza unha andaina na que se recorrerán algúns dos asentamentos castrexos que hai nos nosos arredores. Leva o título de “Os poboados dos antergos”, e está incluido na programación do “Xuño da Cultura e as Artes” organizado polo Concello de Riveira.
Os interesados deberán estar diante da Capela da Guía ás 9.30 preparados para afrontar os 12 km de recorrido (calzado cómodo para andar, crema protectora e gorra, -si fai sol-, e agua).
A hora prevista de chegada será ás 13.30 horas.
Esta actividade é gratuita e está aberta a todo o mundo”.

INSCRICIONS ESCOLARES X CARREIRA VIRXE DA GUIA

LISTADO DE ESCOLARES INSCRITOS PROVISIONAIS

X CARREIRA VIRXE DA GUIA

Data: venres, 17 de Maio de 2013
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira)
Distancia: de 75 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira e Concello de Ribeira
Inscrición: Absoluta: www.championchipnorte.com
                    Escolares: www.virxedaguia.org


A Asociación de Veciños de Carreira e o Concello de Riveira,  organizan a décima edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o venres 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:


REGULAMENTO

1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

PEQUECHOS: Atletas nados en 2010 e posteriores
PITUFO: atletas nados en 2007, 2008 e 2009
BENXAMIN: atletas nados en 2004, 2005 e 2006
ALEVIN: atletas nados en 2002 e 2003
INFANTIL: atletas nados en 2000 e 2001
CADETE: atletas nados en 1998 e 1999
XUVENIL: atletas nados en 1996 e 1997
PROMESA: atletas nados en 1991, 1992, 1993, 1994 e 1995
SENIOR: atletas nados entre 1979 e 1990
VETERANOS A: atletas nados entre 1968 e 1978
VETERANOS B: atletas nados entre 1958 e 1967
VETERANOS C: atletas nados en 1957 e anteriores
VETERANAS A: atletas nadas entre 1968 e 1978
VETERANAS B: atletas nadas entre 1967 e anteriores


2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS


17:00
BENXAMINS
600 M.
17:15
ALEVINS-INFANTILES
1.200 M.
17:30
CADETES
2.200 M.
17:50
PEQUECHOS E PITUFOS
75 M.
18:00
DE XUVENIL A VETERANOS
10.000 M.
19:15
ENTREGA DE TROFEOS





3. INSCRICIONS

›PROBAS ESCOLARES (pequechos, pitufos, benxamíns, alevín, infantil e cadete)
Poderán realizalas a través da web www.carreira.info, rellenando no cuestionario os datos solicitados.
 A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

›CATEGORIAS DE ADULTO (promesa, senior e veteráns).
 As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com  O prezo da inscrición será de 5 € (salvo os anotados no Circuito de Carreira Populares, que teñen precio especial e xa están inscritos para as 5 carreiras que o compoñen).

Admitiranse inscricións ata o o mércores 15 de maio ás 14 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Local Parroquial, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

4. PREMIOS
·       Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
·       Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
·       Agasallos ós 300 primeiros inscritos na categoría absoluta e para os 250 primeiros escolares inscritos.
·       Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a cadetes).
·       Trofeo ós/as 3 primeiros/as do Concello de Riveira.
·       Trofeo ó/a 1º corredor de Carreira.
·       Haberá sorteo de diverso material entre os participantes.

4. AVITUALLAMENTOS:
Auga no km. 5, e agua, froita e barriñas enerxéticas na meta.

5. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Campo de Fútbol de Carreira, a 100 metros da meta.  

O Futbol Club Carreira, permitirá a utilización do campo de futbol (a 100 metros da saída) como aparcamento, previo pago dunha cantidade simbólica, ca que contribuir ó funcionamento do citado clube.


I CROSS-TRAIL PARQUE DE SAN ROQUE


I Cross-Trail “Parque de San Roque”. Unicef

Data: domingo, 18 de novembro de 2012.
Hora: a partir das 11:00 h.
Lugar: Parque de San Roque (Ribeira)
Distancia: de 700 a 6.000 m.
Organiza: Atletismo Virxe da Guía e Asociación de Veciños de Carreira.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: www.carreira.info


Carreira benéfica cuios beneficios irán íntegramente para a UNICEF, a celebrar no fin de semana anterior ó Día Mundial da Infancia.
Trátase dunha carreira coa estructura dun cross (en forma de circuito), pero con terrenos máis propios dun pequeno trail (fortes subidas e baixadas técnicas, terreno variable con herba, terra, pedra…). Os circuitos dos pequenos evitan as zonas delicadas do recorrido.


REGULAMENTO

CATEGORÍAS, HORARIOS, DISTANCIAS
CATEGORÍA ANO DE NAC. HORA DISTANCIA DORSAIS
Prebenxamín (H/M) 2005 e post.
10:30 h 320 m 1001-1100
Benxamín (H/M) 2003-2004 11:00 h 700 m.
Alevín (H/M) 2001-2002 11:10 1300 m
Infantil (H/M) 1999-2000 11:25 1800 m
Cadete (H/M) 1997-1998 11:40 h 3000 m 1401-1500
Xuvenil (H/M) 1995-1996 11:40 h 3000 m 1501-1600

Iúnior (H/M) 1993-1994 12:15 h 6.000 m 1-1000
Promesa (H/M) 1990-1992 12:15 h 6.000 m
Senior (H/M) 1978-1989 12:15 6.000 m
Veteranos 1 (H/M) 1968-1977 12:15 h 6.000 m
Veteranos 2 (H/M) 1958-1967 12:15 h 6.000 m
Veteranos 3 (H/M) 1957 e ant. 12:15 h 6.000 m

PREMIOS
Medallas para os tres primeiros de cada categoría.


INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
As inscriciósn para todas as categorías son gratuítos. Ó tratarse dunha proba benéfica a favor de UNICEF, ca recollida do dorsal poderá facerse unha donación para dito organismo.
A inscrición pódese realizar nas web:
http://www.carreira.info

O último día para facer a inscrición será o sábado, día 17 de novembro ás 13:00 h.

Organiza: Asociación de Veciños de Carreira (Atletismo Virxe da Guía)
Colabora: Concello de Riveira,  www.carreira.info; Unicef.




MAGOSTO