![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg_tofsXVlV8MyZpfBmvplCgIm3Bvaxvq3_Iso3mvZU_DshtCI7oLA_Bo3EExIURBXXwr_hjURREGYeqvPQ8BRLTaOID1iOAjf-Qjnmq1zoihhQ1VMz6K84GDa7I9mnOrCx6Sgiydy9ry8/s400/241367_217917051559566_157488537602418_832711_3636928_o.jpg)
PROMOVE:
Asociacion de veciños de Carreira e Asociacion Altofalante
BASES
PARTICIPANTES
Poderan participar todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos que formalicen a sua inscricion antes do dia 3 de xuño de 2011 as 20:00 horas.
Formatos
As fotografías deben estar realizadas cunha cámara dixital e deben respetar os seguintes requisitos:
· As fotografías deben ser archivos JPG.
· Deben ter un tamaño mínimo de 1.024 x 1.024 píxeles.
· O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Megabytes (Mb).
NORMAS E DESENVOLVEMTO DA ANDAIA
Esta actividade consiste en fotografiar unha serie de elementos fixados pola organizacion, situados na parroquia de Carreira, nun tempo maximo de 4 horas, tendo que recorrer andando a distancia entre os distintos lugares nos que se atopan os elementos a fotografiar.
PREMIOS
Trofeo conmemorativo á mellor serie fotográfica
Trofeo conmemorativo á segunda mellor serie fotográfica
Trofeo conmemorativo á mellor fotografía individual.
Trofeo conmemorativo a segunda mellor fotografía individual.
XURADO
O xurado de cualificacion, realizara a valoracion e seleccion das series fotograficas e das fotografias presentadas.
O organizador non participara como xurado sendo a unica persoa que tera coñecementos de quen son os propietarios de cada tarxeta.
OUTROS
A organizacion non se fai responsable do deterioro ou extravio que puidesen sufrir os arquivos dixitais.
As obras presentadas quedaran en propiedade da Asociacion de Veciños de Carreira. O/A autor/a conservara a autoria intelectual ainda que cedera en exclusiva e irrevogablemente os dereitos de reproduccion das series fotograficas e das fotografias, para a sua exposicion, publicacion ou uso en calqueira outra modalidade que a Asociacion de Veciños considere oportuna.
So poderan participar as persoas inscritas nesta Andaina.
Para calqueira dubida ou aclaracion:
correo electronico: aavvdecarreira@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario