en CERTO>

Ribeira: os candidatos á alcaldía -fallou o cabeza do PP- enfrontáronse a "porta gaiola" en Carreira

Ribeira, 3 de maio de 2011. O pasado venres, 29 de Abril, a Asociación de Veciños de Carreira organizou unha mesa redonda co título de “Carreira ante as municipais”. O salón da Casa de Cultura carreirense quedou pequeno para acoller á cantidade de veciños que acudiron a escoitar as valoracións da lexislatura que se acaba así como a enterarse das ideas que os partidos políticos propoñen para a vindeira.

Á parroquia carreirense acudiron os cabezas de lista do BNG (Dominga Brión), do PSOE (Andrés Fariña) e de IPR (Rosa Pose) así como a integrante da candidatura do PP, Herminia Pouso, nun acto moderado pola presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo.

Durante case dúas horas, os políticos ribeirenses disertaron amenamente, aínda que planeando sempre a longa sombra da campaña electoral que se aveciña, que se traducía nunha certa sensación adusta nos participantes, sobre os problemas municipais en xeral, así como os parroquiais en particular. Os políticos asimesmo enfrentáronse “a porta gaiola” ás preguntas que o numerosísimo público tivo ocasión de plantexarlles”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario