CURSO DE ESCULTURA





















__________________________


FESTA DO CARTEIRO REAL


ANIMACION E DIVERSION ASEGURADA.
VEN E PARTICIPA!!

SAN ROQUE



A Asociación de veciños de Carreira organiza unha merenda ó lado da c apela de San Roque a partir das 19:30 da tarde amenizado por gaiteiros...

EXCURSION O BAIXO MIÑO


Excursión ó Baixo Miño
11-07-2010
Saída: Capela de Guía (9.00)
Chegada: Entre as 22.00 e as 23.00
Itinerario:
-Baiona (Virxe da Roca, visita á carabela “Pinta”, casco
antiguo e fortaleza de Monterrei)
-Monte Santa Tegra
-Monte Aloia
-Tui (Casco antiguo e catedral)
Precio: 12 euros (socios 10 euros)
Inscrición: Supermercado Gloria ou telf. 630.858.494
Notas: O prezo incluie o viaxe en autobús e guía (non se incluie a comida nin as entradas ós lugares de pago).
A comida pódese levar da casa (merendeiro do monte de Santa Tegra), ou pódese
ir comer en algún dos restaurantes de A Guarda, cada un pola súa conta, xa que a
organización non fará reserva.
A subida ó autobús farase por riguroso orde de inscrición.
O horario de saída pode estar suxeito a modificacións.

VII CARREIRA POPULAR VIRXE DA GUIA

máis información da carreira


EXCURSION A OURENSE 9 MAIO 2010 ------------RUTA DE SENDEIRISMO

Excursión a Allariz e Ourense
Domingo: 9 de Maio de 2010
Saída: Capilla da Guía (8:00 horas)

Itinerario.-

Allariz: Visitas ó Museo do Coiro, Convento de Santa Clara, Mirador e Penedo do Castelo, Barrio Xudío, Parque de Ibarrola e Paseo e praia fluvial do río Arnoia.


Ourense: Fonte das Burgas, Catedral, Casco Antiguo e Termas (haberá unha hora libre para os que queiran bañarse nas pozas termales – deberán levar chanclas, bañador e toalla-)


Prezo: 25 euros (socios: 22 euros). Incluie viaxe en autobús, visita guiada e comida en restaurante.


Inscricións: Supermercado Gloria e Tfno: 630.858.494



RUTA DE SENDERISMO

ruta prevista para este domingo por terras de Catoira, ten que ser cambiada por outra pola zona das Piscinas da Pobra, debido ó mal estado dos sendeiros polos que tíñamos que pasar.

Deste xeito o itinerario será: Aldea Vella-Piscinas naturales do Río Pedras-Fervenzas do Río San Xoan-Dolmen Casarota do Fuciño-Dolmen Arca do Barbanza-Castelo de Vitres-Calzada Romana de Vitres-Cañón do Barbanza-Entreosríos. A dificultade é baixa, con algún tramo de dificultade media, sendo en total uns 18 km.



A salida da Capela da Guía será ás 9.15, e o prezo é de 10 euros.

Para inscribirse podedes ir polo Supermercado Gloria ou no teléfono da Asociación (630.858.494). –Quedan poucas prazas libres!!-

CONFERENCIA:" AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR" 11 MARZO

A ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA CON MOTIVO DO “DÍA MUNDIAL DO CONSUMO” CONVIDA OS VECIÑOS A PARTICIPAR NUNHA INTERESANTE CONFERENCIA QUE LEVA POR TÍTULO “AFORRO ENERXETICO NO FOGAR” QUE CORRERÁ A CARGO DO TÉCNICO D. HORACIO PEQUEÑO, E QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO XOVES, DÍA 11 DE MARZO NA CASA DE CULTURA DE CARREIRA ÁS 20:00

SENDA COSTEIRA DO GROVE 14 MARZO

http://www.riveira.es/content.asp?contentid=2345

SENDA COSTEIRA DO GROVE

Domingo, 14 de Marzo de 2010

Guía: Moncho Sampedro

Distancia: 18 km.

Duración: 6/7 horas

Dificultade: Baixa.



Esta ruta que bordea boa parte da zona costeira de península do Grove, comeza no porto de Pedras Negras (San Vicente do Mar), onde unha pasarela de madeira nos vai levando prácticamente pegados ó mar hasta chegar á praia de Canelas, onde o panorama cambia radicalmente. Os arames de espiños tipo “Buscando al soldado Ryan”, así como as bocas dos canóns, que parecen a punto de disparar a un hipotético inimigo mariño, recrean un tipo de paisaxe un tanto funesto. Atopámonos diante dun dos campos de tiro da Brilat pontevedresa.



O “Con Negro” vai ser o seguinte punto de referencia na ruta. Os “cons”, son eses outeiros característicos, de grandes dimensións, que nestas terras adoitan dar nome a puntos xeográficos: Con Negro, Con da Hedra, Con Ministro, Cons da Patarroxa….

Entre sendeiros costeiros e outros habilitados algo máis no interior, iremos chegando ó “Adro Vello”, unha necrópole tardoromana situada na praia do Carreiro. Durante o tempo en que se realizaron escavacións nela, atopáronse superpostos, unha vila romana, restos dunha capela visigótica do S. II, unha necrópole, e restos dunha fortificación do S. XII. Ademais, nesta escavación atopouse unha moeda coa representación máis antiga da barca cos restos do Apóstolo.

O seguinte fito na ruta será a lagoa de Bodeira. Esta lagoa de auga doce está situada ó lado da praia Meixilloeira e illado do mar por unha duna. Os xuncos limitan a lagoa para dar albergue ás aves migratorias que habitan este lugar. Estamos diante da única lagoa con estas características da provincia de Pontevedra.

Na area de Reboredo, cerca xa do Porto Meloxo, abandonaremos o sendeiro costeiro, e unha estrada iranos levando en continuo ascenso ás faldras do monte Siradella. Antes, descansaremos uns intres no miradoiro do Con da Hedra, desde o que poderemos ver ó lonxe o comezo da nosa ruta. Uns minutos despois chegaremos ó alto da Siradella. Lugar emblemático relacionado coa lenda máis famosa da zona grovense: O Meco. Despois de visitar o castro de Feáns, unha espectacular baixada entre rochedos permitirános ver entre unhas pedras, unha pequena figueira. Conta a lenda que alí aforcaron ós vecinos do Grove ó Meco, un señor feudal que os tiña “asfixiados”. Tamén contan que desde aquela, da figueira saen uns figos tinguidos de vermello, por mor da sangue do tirano.

Todas estas historias lendarias e as fermosas panorámicas deste entretido roteiro, fan desta saída unha das máis interesantes que se poden facer polos arredores da ría arousán.

ENTERRO DO FELIPE 2010


MÉRCORES 17 DE FEBREIRO
SAÍDA: CASA DE CULTURA DE CARREIRA
HORA: 20:00

ASEMBLEA XERAL 30 XANEIRO 2010

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ANUAL DA ASOCIACION DE VECIÑOS DE CARREIRA
Mediante o presente escrito convócase ós socios e veciños de Carreira á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará na Casa de Cultura de Carreira o vindeiro día 31 de Xaneiro de 2010 ás 11:00 horas, en primeira convocatoria, e as 11:30 en segunda convocatoria, según o seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación, si procede, da ACTA da asemblea anterior.
  2. Memoria anual de xestión e actividades.
  3. Memoria económica.Estado de contas.
  4. Presentación de proxectos.
  5. Organización da asociación (cuotas, estructura,etc.)
  6. Rogos e preguntas