ANDAINA: "OS POBOADOS DOS ANTERGOS"



“Este vindeiro domingo, 30 de Xuño, a Asociación de Veciños de Carreira organiza unha andaina na que se recorrerán algúns dos asentamentos castrexos que hai nos nosos arredores. Leva o título de “Os poboados dos antergos”, e está incluido na programación do “Xuño da Cultura e as Artes” organizado polo Concello de Riveira.
Os interesados deberán estar diante da Capela da Guía ás 9.30 preparados para afrontar os 12 km de recorrido (calzado cómodo para andar, crema protectora e gorra, -si fai sol-, e agua).
A hora prevista de chegada será ás 13.30 horas.
Esta actividade é gratuita e está aberta a todo o mundo”.