FIN DE SEMANA EN PORTUGAL


O fin de semana 24 e 25 de Agosto de 2013, a Asociación de Veciños de Carreira, organiza unha excursión a Portugal.
Neste evento visitaranse os pobos de Nazaré, Óbidos, Caldas da Raíña e Fátima.
A saída será da Capela da Guía ás 6 da mañán do Sábado 24.
O precio da excursión é de 95 euros para socios, e 105 para os non socios, e inclue o viaxe en autobús da empresa Barbantia, noite de hotel en habitación doblecomida do sábado e do domingo, cena do sábado e almorzo do domingo. Coma de costumbre un directivo da Asociación acompañará constantemente ó grupo explicando a historia e as lendas dos lugares que se visitan.
Pódese realizar a inscrición no Supermercado Gloria ou no teléfono 630858494.

HORA DE CINE


 “El Rey León”

O vindeiro domingo, día 18  de agosto, ás 20:30 Horas, proxectarase no Local Social da Asociación de Veciños de Carreira (Colexio da Capela, 1º piso), a película de debuxos animados, “El Rey León”.
Aínda que a proxección está pensada para público de tódalas e edades, debido ó escaso aforo do local, daráselle prioridade de entrada ós nenos e nenas de menos de 12 anos.

Con esta proxección queremos comenzar unha serie de actividades adicadas ós máis pequenos da casa para que, deste xeito  compartan parte do seu tempo de lecer con outros nenos e nenas das súas mesmas edades, nestes tempos en que cada vez é máis común que os rapaces empreguen o seu tempo libre en actividades individualistas (videoxogos, consolas, etc).

Esperámosvos!!!

SAN ROQUE