REGULAMENTO E INSCRICIONS XI CARREIRA VIRXE DA GUIA



     máis información en > WWW.VIRXEDAGUIA.ORG




XI Carreira Virxe da Guía, Ribeira

Data: Sábado, 17 de Maio de 2014.
Hora: a partir das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e Concello de Ribeira.
Inscrición: 
www.virxedaguia.org


(Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial)

A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a undécima edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 17 de Maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:

REGULAMENTO 

1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES: 


CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO

PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2007, 2008 e 2009*
BENXAMIN atletas nados no 2005 e 2006
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002
CADETE atletas nados no 1999 e 2000

XUVENIL atletas nados no 1997 e 1998
JUNIOR atletas nados no 1994, 1995 e 1996
SENIOR atletas nados entre 1993 e 1980
VETERANOS A atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B atletas nadas en 1968 e anteriores

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
17:00 BENXAMINS 600 M.
17:15 ALEVINS-INFANTILES 900 M.
17:30 CADETES 1.800 M.
18:00 DE XUVENIL A VETERANOS 10.000 M.
19:15 PITUFOS E PREBENXAMINS 50 M.
19:30 ENTREGA DE TROFEOS

3. INSCRICIONS : A partir do martes, 15/04/2014

 PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, alevín, infantil e cadete) Poderán realizalas a través da web
www.virxedaguia.org , recheando no cuestionario os datos solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira). O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para as probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento. 

 CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).

As inscricións realizaranse a través da web 
www.virxedaguia.org.  O prezo da inscrición será de 6 €. O número de conta no que ingresar o importe é: ES74-2080-5158-2730-4001-0419 –(indicar apelidos e nome no concepto e realizar o ingreso nos 3 días seguintes a formalizar a inscrición, senon considerase esta como anulada).
Tamén se poderá formalizar a inscrición e o pago directamente no Supermercado Gloria (Carreira)
O tope de inscritos será de 300 atletas adultos. 
Agradeceráse a aportación de alimentos non perecedeiros, productos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

Admitiranse inscricións ata o o martes 13 de maio ás 14 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Colexio da Capela, ubicado ó lado da liña de meta con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.


4. PREMIOS 
Ø Trofeo artesán para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
Ø Copa para os tres primeiros clasificados/as nas categorías alevín, infantil e cadete. 
Ø Medallas para tódolos participantes nas categorías de pitufos a benxamíns.
Ø Trofeo artesán para o primeiro/a do Concello de Ribeira.
Ø Copa para os segundos/as e terceiros/as do Concello de Ribeira.
Ø Trofeo artesán ó/á 1º corredor de Carreira.
Ø Sorteo final de diverso material entre todos os participantes.
Ø Camiseta técnica para os inscritos na categoría absoluta e mochila para os escolares inscritos.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estuvera presente, o trofeo será entregado ó seguinte clasificado.


4. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.

5. OUTROS SERVIZOS:

Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas hasta o remate da carreira.

Servizo de “avoas”: Para aqueles pais e nais que non teñan quen se faga cargo de nenos e nenas menores de edade mentras dura a carreira, poderán deixalos a cargo de varias avoas carreirenses que se ofreceron voluntariamente a atendelos durante o tempo que dura a proba. O lugar de acollemento será dentro do local da Asociación de Veciños de Carreira, sito na mesma liña de saída/meta. Os que precisen este servizo deberán comunicalo no momento de realizar a inscrición.

5. DUCHAS E APARCAMENTO :
Haberá servicio de duchas no Campo de Fútbol de Carreira, a 300 metros da meta; e no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta. (Pendente de confirmar)

Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 200 metros da liña de saída.

6. HOMENAXE:

Seguindo o fío marcado polos anteriores organizadores capitaneados por Abraham Benítez, retomamos os actos de recoñecemento a corredores locales, sendo este ano o homenaxeado un dos corredores ribeirenses que se recorda con máis cariño, o veterano e entrañable “Carlitos”.