1º ANDAINA FOTOGRAFICA "MUIÑADA DE AMENDO"










PROMOVE:
Asociacion de veciños de Carreira e Asociacion Altofalante

BASES

PARTICIPANTES
Poderan participar todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos que formalicen a sua inscricion antes do dia 3 de xuño de 2011 as 20:00 horas.




Formatos
As fotografías deben estar realizadas cunha cámara dixital e deben respetar os seguintes requisitos:
· As fotografías deben ser archivos JPG.
· Deben ter un tamaño mínimo de 1.024 x 1.024 píxeles.
· O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Megabytes (Mb).



NORMAS E DESENVOLVEMTO DA ANDAIA

Esta actividade consiste en fotografiar unha serie de elementos fixados pola organizacion, situados na parroquia de Carreira, nun tempo maximo de 4 horas, tendo que recorrer andando a distancia entre os distintos lugares nos que se atopan os elementos a fotografiar.









  • SAIDA: As 11:00 horas do dia 4 de xuño de 2011 darase a saida da I ANDAINA FOTOGRAFICA "MUIÑADA DE AMENDO" onde se informara aos participantes das dubidas que poidan surxir. Antes de esa hora deberan ter entregada a tarxeta de memoria da sua camara para comprobar que esta valeira.






  • CHEGADA: O prazo para entregar a tarxeta coas fotografias rematara as 15:00.





  • TEMAS: Os participantes deberan realizar 6 fotografias dos elementos que a organizacion explicara antes da saida da Andaina e que estaran representados nun mapa que se lles entregara no momento da saida.

    PREMIOS
    Trofeo conmemorativo á mellor serie fotográfica
    Trofeo conmemorativo á segunda mellor serie fotográfica
    Trofeo conmemorativo á mellor fotografía individual.
    Trofeo conmemorativo a segunda mellor fotografía individual.


    XURADO
    O xurado de cualificacion, realizara a valoracion e seleccion das series fotograficas e das fotografias presentadas.
    O organizador non participara como xurado sendo a unica persoa que tera coñecementos de quen son os propietarios de cada tarxeta.

    OUTROS
    A organizacion non se fai responsable do deterioro ou extravio que puidesen sufrir os arquivos dixitais.
    As obras presentadas quedaran en propiedade da Asociacion de Veciños de Carreira. O/A autor/a conservara a autoria intelectual ainda que cedera en exclusiva e irrevogablemente os dereitos de reproduccion das series fotograficas e das fotografias, para a sua exposicion, publicacion ou uso en calqueira outra modalidade que a Asociacion de Veciños considere oportuna.

    So poderan participar as persoas inscritas nesta Andaina.
    Para calqueira dubida ou aclaracion:
    correo electronico: aavvdecarreira@gmail.com




    • No hay comentarios:

      Publicar un comentario